HomesociedadeConvocado o concurso de deseño de carteis das Patronais de Monforte

Convocado o concurso de deseño de carteis das Patronais de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos convoca o XXV Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2020, co fin de escoller o cartel anunciador. Os traballos pódense presentar ata o 24 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Aqueles interesados en concursar terán que facelo con obras de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato será libre sempre que sexa apta para a reprodución mediante cuatricromía. Os deseños deberán incluír o texto “MONFORTE DE LEMOS FESTAS PATRONAIS do 11 ó 16 de agosto 2020”, distribuído do xeito que escolla o autor/a.

A entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ata o 24 de abril de 2020. Non se aceptarán aquelas obras que leven cuño de correos con data posterior. As obras non levarán o nome do autor/a de maneira visible e presentaranse nun sobre asinado con pseudónimo, debendo acompañar noutro sobre pechado todos os datos persoais do autor: nome, enderezo postal completo, teléfono e enderezo de correo electrónico.

Establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2020 e dótase cunha cantidade de 1.000 euros, impostos incluídos.

O cartel que reciba o premio quedará en poder do Concello de Monforte de Lemos. A propiedade intelectual do traballo gañador corresponderá ó/á autor/a, non obstante a concesión do premio levará consigo sobre o traballo gañador a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

O gañador ou gañadora do concurso entregará tamén unha copia do cartel en formato dixital e incluirá os diferentes logotipos facilitados polo Concello de Monforte, e se é o caso das entidades patrocinadoras.

O cartel gañador e unha selección dos mellores traballos presentados quedarán temporalmente en poder da Delegación Municipal de Cultura para realizar unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Unha vez rematada a exposición serán devoltos aqueles que sexan solicitados polos seus autores. A decisión do xurado farase pública o luns 4 de maio.

Criterios de selección e puntuacións

  • Temática e relación coa cidade de Monforte e as súas festas: 30 puntos.
  • Mellor deseño gráfico: 30 puntos.
  • Tratamento das cores e tipo de letras: 20 puntos.
  • Diferentes usos do texto e das imaxes: 20 puntos.
  • Calidade técnica: 20 puntos.
  • Calidade artística: 20 puntos.
  • Impacto visual: 20 puntos.
  • Creatividade: 20 puntos.
  • Orixinalidade no deseño da montaxe: 20 puntos.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...