HomesociedadeSober felicita os cumpreanos infantís durante a crise sanitaria

Sober felicita os cumpreanos infantís durante a crise sanitaria

O concello conta, desde esta semana, conta cun teléfono que atende as 24 horas a disposición dos cidadáns: 650203440. 

Publicado o

- Advertisement -
O Concello de Sober a través do persoal de Protección Civil felicitou a domicilio a Kike de Suairexa en Neiras, que vén de cumprir 3 anos. A celebración fíxoselle a petición da familia; desde o concello leváronlle un agasallo e houbo tamén música de aniversario. O concello anuncia que fará o mesmo con todos os nenos e nenas que cumpran anos durante o confinamento.

Lembran, desde o concello de Sober que o persoal de Protección Civil segue a atender as necesidades dos veciños e veciñas levándolles aos seus domicilios alimentación, medicamentos e outros produtos básicos. Desde esta semana contan cun teléfono que atende as 24 horas a disposición dos cidadáns: 650203440. 

Cumpreanos durante o COVID / Concelloo de Sober

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...