HomesociedadeCampamento de verán de 4 a 13 anos en Bóveda

Campamento de verán de 4 a 13 anos en Bóveda

O Concello de Bóveda vén de abrir o prazo, ata o 26 deste mes, para anotarse ao seu campamento de verán no que poden participar os nenos e nenas de 4 a 13 anos.

Publicado o

- Advertisement -

A maior parte do campamento de verán levarase a cabo na zona da Filgueira, con actividades ao aire libre que permitan manter as distancias de seguridade recomendadas. No caso de que o tempo non o permita trasladaranse ao pavillón municipal ou ao salón de actos do Centro Sociocultural.

O campamento terá capacidade para 15 rapaces e desenvolverase en horario de 9.00 a 12.00 h. de luns a venres.

A tarifa dos campamentos é de 80 euros por mes completo e 50 euros por unha quincena. Cando haxa 2 irmáns que se matriculen, o segundo e sucesivos terán un desconto do 50%. Teñen prioridade nas prazas as persoas residentes e a adxudicación farase por orde de preinscrición. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 982 42 61 77, e para anotarse neste número ou en persoa no Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...