HomesociedadeSen resultados coa procura dos restos dun sindicalista asasinado por falanxistas na...

Sen resultados coa procura dos restos dun sindicalista asasinado por falanxistas na Pobra do Brollón

O lugar non tiña "ningún tipo de sinalización", pero "era coñecido" polas persoas "responsables do cemiterio".

Publicado o

- Advertisement -

A procura que levaron a cabo un grupo de 10 voluntarios para tratar de localizar os restos de Gervasio González, un sindicalista asasinado por falanxistas en 1936, terminaron sen resultados este mércores no cemiterio de Fornelas, na Pobra do Brollón.

Así o indicou a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) nun comunicado, no que explicou que os labores se deron por finalizados esta tarde e que non foi posible atopar os restos, que foran “removidos” nunha actuación posterior ao seu enterramento que “non respectou o espazo” no que se depositou o corpo.

O lugar, agregou, non tiña “ningún tipo de sinalización”, pero “era coñecido” polas persoas “responsables do cemiterio”. As tarefas prolongáronse durante tres xornadas e nelas estivo presente María José Franco, unha das netas de Gervasio González. O home foi detido ilegalmente por falanxistas o 5 de setembro de 1936 e asasinado.

Os voluntarios revisaron este mércores o último espazo no que podería atoparse o corpo e desenvolveron uns labores “especialmente complexos” polas intervencións que se fixeron no cemiterio tras o enterro de Gervasio.

Nun comunicado, a asociación indicou que solicitará ao Concello que se coloque unha placa no lugar para lembrar a este home “que cría nos dereitos de todos”.

A súa neta dirixiuse o martes aos integrantes dun grupo de mozos participantes nun campo de traballo arqueolóxico no castro de San Lourenzo e díxolles que espera que non vivan nun país sen democracia, porque o que os seus tiveron que pasar “foi terrible”.

A ARMH sinalou que tamén un dos fillos de Gervasio sufriu represalias, posto que foi detido e encarcerado en Lugo, onde estivo dous anos preso.

Na súa nota, a asociación criticou que, “como xa ocorreu en varias exhumacións” que realizou en Galicia, esta non foi cuberta por ningún medio de comunicación público.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...