HomesociedadeFusilados no 36 e localizados no cemiterio de Fornelas na Pobra do...

Fusilados no 36 e localizados no cemiterio de Fornelas na Pobra do Brollón

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica intervén no cemiterio de Fornelas para a exhumación de dúas vítimas do franquismo, Gervasio González Rodríguez de 53 e Ildefonso Fernández de 26 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este luns a este mércores, 12 de agosto, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) intervén no Cemiterio parroquial de Fornelas; no concello da Pobra do Brollón.

O obxectivo é a localización e exhumación dunha fosa común cos restos de dous represaliados da ditadura franquista, precisamente a familia dun deles, de Gervasio González Rodríguez foi a que se puxo en contacto o ano pasado coa asociación. Colabora na exhumación o proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo.

A intervención pretende localizar a dúas vítimas do franquismo:

Gervasio González Rodríguez de 53 anos que naceu en 1883 na Fraga (Ribas de Sil). Era simpatizante dos movementos de esquerdas e sindicais, indo ás reunións da UGT. O día 5 de setembro de 1936 un grupo de falanxistas acode á súa casa para asasinalo. O seu corpo aparece, dous días máis tarde, no km. 50 da estrada de Nadela a Campos de Vila, á primeira hora da mañá. Morre por mor de disparos de arma de fogo. É enterrado no cemiterio de Fornelas.

ARMH


Ildefonso Fernández de 26 anos, naceu en Quiroga (Lugo) o día 27 de outubro de 1910, de profesión xornaleiro, residente en Alvaredos é asasinado supostamente o día 7 de setembro de 1936 por mor de disparos de armas de fogo longas. Cabe destacar que foi inscrito inicialmente como “descoñecido” ata que foi identificado o 3 marzo de 1941. Foi enterrado supostamente no cemiterio de Fornelas, A Pobra do Brollón, xunto con Gervasio González Rodríguez despois de ser asasinado nas inmediacións da localidade.

ARMH

Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica

Os obxectivos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) son, entre outros, atender as demandas dos familiares das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista, mediante a localización e documentación das fosas comúns que existen e o recoñecemento moral de todas as vítimas.

Así, cando se identifiquen con seguridade os restos das vítimas serán entregados ás súas familias. Participando dos traballos estiveron a neta de Gervasio González e Willy Veleta que foi dando conta nas redes CTXT de como se desenvolvían os labores de exhumación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...