HomesociedadeSarria e Monforte rexistran as mínimas da provincia

Sarria e Monforte rexistran as mínimas da provincia

En Monforte de Lemos o termómetro chegou a baixar nesta pasada noite ata os 6,5 graos baixo cero, o mesmo que en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O centro e o sur da provincia de Lugo amenceron este martes con temperaturas en negativo e unha xeada que obrigou os xestores da rede viaria a botar sal en zonas sombrías para evitar a formación de placas de xeo, especialmente perigosas nas áreas de montaña como consecuencia da neve que aínda pode verse en puntos altos.

Na cidade de Lugo, a estación meteorolóxica instalada no campus universitario mediu unha temperatura mínima de 5,8 graos baixo cero,inferior ás cotas máis baixas rexistradas durante o paso de ‘Filomena’.

Tamén se presenta moi fría a mañá na zona sur da provincia, dado que en Monforte de Lemos o termómetro chegou a baixar ata os 6,5 graos baixo cero, mentres que en Quiroga o mercurio caeu ata os 5,3 graos en negativo. Na comarca de Sarria a madrugada foi especialmente complicada, dado que nese municipio rexistrouse -xunto con Monforte- a mínima na provincia, unha temperatura de 6,5 graos baixo cero.

Na Terra Chá, todos os municipios amencían hoxe con temperaturas en negativo, pero destacaban os valores de Cospeito, con 5,8 graos baixo cero, ou Castro de Rei, con -5,5 graos. Na Montaña, o termómetro rexistrou unha mínima de 3 graos baixo cero en Pedrafita do Cebreiro, no alto do Poio.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...