HomesociedadeA Xunta decreta nivel máximo de restricións para Paradela e A Pobra...

A Xunta decreta nivel máximo de restricións para Paradela e A Pobra do Brollón

Guitiriz, Lourenzá, Chantada quedarán con nivel alto de restricións.

Publicado o

- Advertisement -

Paradela, A Pobra do Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures terán a partir do venres restricións de nivel máximo.  Isto implica que só poderán moverse nos límites do concello e limitar as relacións persoais aos convivintes. A hostalaría e comercio permanecerán pechados.

Así o decretou o Comité Clínico reunido este martes que tamén anunciou que outros 13 concellos estarán no grupo de restricións de nivel alto. Neste nivel alto de restricións quedarán os concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado.

Segundo informou o Sergas nun comunicado, o resto dos concellos galegos quedan en nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 12 de marzo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...