Homesociedade"O Hospital de Monforte invita aos especialistas a marchar", asegura a CIG-Saúde

“O Hospital de Monforte invita aos especialistas a marchar”, asegura a CIG-Saúde

O sindicato amosa tamén a súa preocupación pola perda de servizos no centro de saúde de Pantón. Aseguran que neste centro de saúde había catro médicos ata o mes de marzo, mes no que marchou un médico que non se cubriu, e consideran que pasará o mesmo coa perda neste mes doutra médica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG-Saúde asegura que a falta de especialistas no Hospital de Monforte segue en aumento e que no lugar de contratar novos especialistas desde a dirección convídase a marchar ao que hai. “A semana pasada producíuse un fito histórico neste hospital, a Directora deste centro non tivo outra ocurrencia que ofrecerlle a dous especialistas deste hospital, irse a traballar a O Barco. Dous especialistas que son grandes traballadores e que están contentos neste hospital, sinalan desde a CIG.

Lembran que na súa chegada a nova directora falou de defender o hospital e agora califican de “incrible que se propoña marchar aos que hai. Polo que vemos o único que busca é engordar curriculo, para as súas aspiracións persoais cedendo ás presións de Lugo”, afirma a CIG. Pídenlle á dirección que defenda o que se ten no hospital e busque os especialistas que se necesitan.

Perda de servizos médicos en Pantón

Refírense tamén desde a CIG-Saúde á situación da sanidade no concello de Pantón. O sindicato asegura que a reunión do director da EOXI co alcalde de Pantón foi un engano, “xa que ao final o SERGAS non vai cubrir a praza de médico no centro de saúde. So a cubrirán puntualmentesegún eles, é dicir, virá alguén de cando en vez, que o mellor nin é a mesma persoa e dentro dun tempo, deixará de vir.”

O sindicato afirma que neste centro de saúde había catro médicos ata o mes de marzo, mes no que marchou un médico que non se cubriu, e consideran que pasará o mesmo coa perda neste mes doutra médica. Lembran que no concello de Pantón a maioría da poboación ten máis de 60 anos e está moi dispersa, “Ata o de agora os tres médicos que quedaban tiñan de media 30 pacientes diarios, ao quedar dous médicos as consultas incrementaranse co prexuizo que esto lles causará tanto a pacientes coma a traballadores do centro.”

Concentración BNG Pantón médico / BNG Pantón

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...