HomePolítica“Nunca o alcalde vai deixar que se quite un médico en Ferreira”,...

“Nunca o alcalde vai deixar que se quite un médico en Ferreira”, asegura o rexedor de Pantón

José Luis Álvarez reuniuse esta mañá con Ramón Ares, xerente da EOXI, quen deu o seu compromiso de que a praza de médico de familia que quedou sen doutora cubrirase a partir do 30 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai uns días o BNG de Pantón alertaba de perder a segunda praza de medicina de familia porque a doutora trasládase e solicitaba un pleno extraordinario para evitar perder esa praza.

Mentres desde o concello, o alcalde, José Luis Álvarez, tiña solicitado entrevista con Ramón Ares,  xerente do EOXI Lugo- A Mariña- Monforte de Lemos. Esa xuntanza celebrábase este mércores pola mañá e o alcalde asegura que vén co compromiso de Ramón Ares de que a partir do 30 de novembro esa praza vaise cubrir.

Nesta situación o alcalde pídelle ao BNG que non alarme á veciñanza con que non se vai cubrir a praza, “O alcalde nunca vai deixar que se quite un médico en Ferreira pero hai que seguir uns trámites normais e non antes de saber nada convocar un pleno. Todo o mundo quere médicos, pero hai que facelo normal. Agora hai un compromiso de que esa praza non se perde e non é necesario alarmar á xente”, afirma.

“O que ten que facer o BNG é algo que non sexa alarmar, por exemplo falar co seu deputado de deportes ao que lle plantexamos un convenio para o pavillón deportivo e non fixo nada e non me colle o teléfono, que falen con el e diga se vai asinar o convenio”, sinala José Luis Álvarez.

Tralo lo último pleno celebrado no concello, os nacionalistas criticaban ter presentado os orzamentos a finais de ano “para branquear desviacións de crédito”. Segundo explica o alcalde, por unha banda están os orzamentos e por outra o remanente, “o que levamos ao pleno foi o remanente, os cartos que hai que gastar e non se tiñan gastado. Aí levamos a segunda fase do colector de Moreda, 25.000 euros para a casa da cultura, 7.000 euros para O Curro, un camiño municipal en Pontón, 15.000 euros para abastecemento de auga en Triás e melloras nalgunhas estradas. O que ten que explicar o BNG a estes veciños e porque votan en contra de que se fagan estas obras”, conclúe José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...