HomesociedadeUn segundo familiar reclama a herdanza de Foggia nunha petición ao concello...

Un segundo familiar reclama a herdanza de Foggia nunha petición ao concello de Monforte

A petición foi rexistrada con data 5 de maio de 2022. A persoa que a subscribe declara ser familiar en cuarto grado de Lucrecia Foggia Vázquez. Esta petición súmase á rexistrada o pasado 29 de abril, na que outro familiar tamén de cuarto grado, manifestaba a mesma intención de reclamar a herdanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello informan de que a última petición é moi similar á presentada polo anterior familiar: “manifiesto que si la ley lo permite y ante las discrepancias del Sr. Cela, albacea designado por nuestra prima con ese Concello, reclamaré la herencia que me pueda corresponder por medio de letrados que se designarán, a partir del año 2026”.

Nesta situación o concello insiste en lamentar “as declaracións irresponsables e irrespectuosas da sra. Concelleira e Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, fixera no seu día en relación con este asunto, especialmente dirixidas tanto contra o Alcalde como contra o Secretario do Concello. Afirmacións feitas dende o descoñecemento, o que a leva a incorrer en falsidades de xeito permanente.”

Insisten tamén en que coa aparición destes familiares de cuarto grado da sra. Foggia, o Alcalde, José Tomé Roca, tiña razón cando manifestaba a posibilidade que que algún familiar lonxano da Sra. Foggia reclamase a herdanza. Dende o Concello, “non se descarta que poidan seguir aparecendo familiares, o cal reafirma as sospeitas manifestadas polo rexedor municipal,” afirman e pídenlle á voceira popular que “pida desculpas ós monfortinos e monfortinas e ao Sr. Secretario do Concello, polas acusacións que verteu contra a súa profesionalidade en relación con este tema.”

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...