HomesociedadeXornada sobre agricultura orgánica o 31 de maio en Monforte

Xornada sobre agricultura orgánica o 31 de maio en Monforte

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos unha xornada sobre técnicas de agricultura orgánica aplicadas á fruticultura e outros cultivos. Programada o vindeiro martes 31 de maio, está prevista de 10,00 a 14,15 horas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O eixe central desta formación é a sustentabilidade e a resiliencia do medio rural, así como a rexeneración de terras pola súa relación coa saúde dos cultivos. Así, mostrarase a importancia da agricultura orgánica tentando que os asistentes entendan e compartan a interacción entre técnicas e prácticas sustentables co desenvolvemento, non só das súas producións, senón tamén da súa contorna.

Así, o programa formativo iniciarase tratando a saúde do solo e a teoría da trofobiose, seguindo co repouso vexetativo e os caldos minerais e a poda e os tratamentos cicatrizantes. Seguidamente, falarase da elaboración de caldo sulfocálcico e de biofertilizantes, para rematar cunha receita de microorganismos.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Descargar as solicitudes de preinscrición neste enlace, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico ceca.monforte@edu.xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 889 103.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...