HomeEconomíaO 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos...

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Nesta edición, o concurso segue aumentando os premios formativos ademais de ofrecer os premios económicos. Os proxectos finalistas optan a participar por segundo ano no programa de asesoramento estratéxico que é posible grazas á colaboración de AGADER. E a persoa que inscribiu o proxecto gañador desta edición poderá acceder á realización do Executive MBA de Ef Business School na Coruña (Fundación Venancio Salcines).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando iniciativas de emprendemento. O certame busca proxectos innovadores para desenvolver no medio rural e poñer en valor os seus recursos, tendo preferencia osvinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Este 7 de novembro desde as 10:00h preséntanse ante o xurado, no Parador de Turismo de Monforte, os 10 proxectos que chegaron á final:

  • AZKA SAKRA, DESHIDRATACIÓN DE FROITAS: proxecto de transformación agroalimentaria para a deshidratación artesanal de froitas e verduras de colleita propia e de produtores locais.
  • ALAMBIQUEIROS DA SACRA TERRA: Destilería profesional na Ribeira Sacra para transformar o bagazo das adegas locais en aguardente artesanal e certificada.
  • REFORESTATRON: Un robot terrestre autónomo deseñado para a recuperación específica dos solos queimados na Ribeira Sacra, despois dos incendios padecidos no 2025.
  • UVA ENTEIRA. TRANSFORMACIÓN BAGAZO: Transformación escalable do bagazo da uva da Ribeira Sacra en produtos premium de alto valor engadido.
  • RURALTECH LAB 360+ Ribeira Sacra: Conectar tecnoloxía propia xa validada cos recursos da Ribeira Sacra, un centro físico de dixitalización para resolver necesidades de viñedo/adega, control de agua municipal e monitorización agroganadeira.
  • MARCAL GALICIA: carbonato cálcico bioxénico circular da cuncha de mexillón como insumo industrial intermedio. Transformar a cuncha de mexillón nun carbonato cálcico bioxénico para empregar en procesos agrarios, gandeiros, construtivos ou industriais.
  • CNTEK: Sistema para detectar a presenza de micro e nanoplásticos na auga, baseado en electrodos serigrafiados, que permiten fabricar sensores de forma económica e masiva, utilizando nanotubos de carbono, coñecidos pola súa altísima sensibilidade eléctrica.
  • ADEGACONNECT: Unha plataforma cloud deseñada para pequenas adegas da Ribeira Sacra que necesitan dixitalizar a súa trazabilidade, permitindo controlar o ciclo completo “do viñedo á botella”.
  • BIOCABA: Unha cooperativa de traballo asociado dedicada a desenvolver e comercializar un recubrimento natural antifúnxico para froita fresca. Coa biomímese a pel da cabaza convértese en recubrimento biodegradable que retarda a aparición de fungos na froita.
  • CRÚ. TRANSFORMACIÓN DE LEITE PROPIO EN PRODUCIÓN ARTESANAL: A proposta busca pechar o ciclo produtivo mediante a transformación do leite en queixos, iogur colado e manteiga artesanais, creando unha marca para conectar co consumidor.

O fallo do xurado darase a coñecer na mesma xornada do 7 de novembro, despois da cea e gala de entrega de premios desta XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Contarase coa asistencia da directora xeral de AGADER, Mª Paz Rodríguez, a directora territorial de Emprego, Carmen José López, deputados autonómicos e provinciais, representantes das universidades e dos concellos e empresas que colaboran co Concurso.

Así os premios desta edición son os seguintes:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €
  • Plan de Formación para os finalistas que manifestaron o seu interese en participar deste programa de asesoramento que se desenvolverá no primeiro semestre do 2026.
  • Executive MBA de Ef Business School na Coruña. Formación para a persoa que inscrita co proxecto que quede de 1º. En caso de que a persoa inscrita renuncie a este premio, pasará ao segundo clasificado e así sucesivamente ata chegar á persoa interesada en participar de entre os 10 finalistas.

A XII edición do Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra conta co patrocinio das seguintes institucións: Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, AGADER, Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo (área Rural), Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do Saviñao, Concello de Bóveda.

As empresas patrocinadoras son: Barbosa e Hijos, CT Galega, Hijos de Rivera S.A., Gadisa, Inveravante, Dimaga, Daveiga Produción Responsable, Sicyme, Dalia Sistemas e Notaría de Sarria.

Contando coa colaboración de: Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Escuela de Organización Industrial, Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, Fundación Venancio Salcines e o Parador de Turismo de Monforte.

ÚLTIMAS

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...