HomeCulturaÚltimas proxeccións da curta 'Descensos' no IES Daviña Rey de Monforte e...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A actividade nos institutos incluía obradoiros sobre formatos audiovisuais analóxicos nos que se amosou ao alumnado material co que explorar a historia do audiovisual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A curta “Descensos”, que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos polos ríos Miño e Sil que realizaron un grupo de mozos e mozas no ano 1982 cunhas lanchas salvavidas de orixe soviética atopadas nun desguace de Vigo.

Aos materiais orixinais, fotografías analóxicas e películas de Super 8, únense o relato oral actual dalgunha das persoas participantes nos descensos así como a narración dun diario ficcionado, conectando a viaxe cun relato sobre os anos da Transición en Galiza e o rexurdir da música tradicional.

Ademais, a actividade nos institutos incluía obradoiros sobre formatos audiovisuais analóxicos que achegou ao alumnado unha pequena mostra de cámaras, películas, cintas e outros aparellos analóxicos, dándolles a oportunidade de explorar e experimentar a historia do audiovisual.

ÚLTIMAS

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...