HomesociedadeA vertebración interior de Galicia máis preto con novas licitacións da A76

A vertebración interior de Galicia máis preto con novas licitacións da A76

Reunión en Madrid do Secretario Xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo co presidente e o secretario xeral do Eixo Atlántico, o alcalde de Monforte e o do Barco.

Publicado o

- Advertisement -

A xuntanza serviu para traer confirmación de novidades nunha das reclamacións principais dos concellos do Barco e Monforte como é a pronta licitación de novos tramos da A76, co que supón de reforzo para o interior de Galicia. A primeira licitación corresponderá a algún dos tres tramos da contorna de Valdeorras; O Barco – Veiga de Cascallá, Requejo – A Veiga e Vilamartín – Requejo. A intención é facelo ó longo do 2019 para consolidar o estudio informativo do conxunto da obra. Os dous alcaldes expuxéronlle ao secretario xeral alternativas na área de Monforte para mellorar e axilizar a conexión ate Ourense e que non se vexa afectada pola previsible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da humanidade pola Unesco. Esta conexión constituirá a primeira autovía que vertebre o interior de Galicia xa que é a única zona, o eixo Lugo- Ourense, pola que aínda non se pode circular por unha autovía.

En canto á variante urbana de Monforte estanse desenvolvemento os traballos de elaboración do proxecto. O alcalde de Monforte, José Tomé, insistiu na importancia de unir a Ronda Urbana, dende a rotonda da estrada de Ourense, ata a Nacional 120. O concello traballa nas modificacións administrativas que hai que realizar ao convenio do 2005, para posibilitar que o Ministerio de Fomento se faga cargo das expropiacións.

En opinión do secretario xeral do Eixo Atlántico a parte negativa da xuntanza foi a modernización da liña ferroviaria Lugo-Ourense. Desde Adif trabállase na electrificación da liña, o que posibilitará unha mellora nas unidades que operen o servizo de media distancia entre as dúas capitais e permitirá que unha unidade do AVE que se separe en Ourense poida chegar ate Lugo sen ter que cambiar de tren. Pero aseguran desde o Eixo que esto non suporá unha mellora dos tempos, mentres non se executen as variantes dos Peares-Canabal e Monforte-Rubián.

Para comezar coa tramitación detas variantes é imprescindible que a Secretaría Xeral de Infraestruturas, a través da Subdirección xeral de Planificación Ferroviaria, saque a exposición pública o estudo informativo, pero non se deron prazos o que é visto desde o Eixo como un agravio comparativo para os proxectos de Galicia frente aos doutras zonas. Neste punto o secretario xeral de Infraestruturas comprometeuse a comunicar, antes de Nadal, a data na que o estudo sairá a información pública.

ÚLTIMAS

117.370€ para a montaxe do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará do 3 ao 5 de xullo

Este contrato comprende a totalidade dos traballos necesarios para dotar ao certame dunha infraestrutura...

A distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo unha actuación de mellora da...

Impulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación de oliveiras autóctonas

Durante a xornada recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites...

322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto co Campionato Galego de Piragüismo de base

Da presentación da actividade participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o vicepresidente...