Homesociedade134.000 euros para a mellora dunha ducia de centros educativos do sur...

134.000 euros para a mellora dunha ducia de centros educativos do sur da provincia

A intención é executar os traballos aproveitando as xornadas non lectivas, de forma que parte deles poderán acometerse durante o entroido e a Semana Santa e o resto no verán.

Publicado o

- Advertisement -

No Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Virxe do Carme de Sober, ampliarase o comedor e no CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada vaise colocar caucho para facer máis seguro o patio infantil.

No CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón cambiarase o chan da aula infantil; no CEIP de San Clodio, en Ribas de Sil, realizaranse obras no falso teito da planta alta e cambiaranse luminarias para mellorar a eficiencia enerxética; no Saviñao, no CPI Doutor López Suárez, cambiarase o depósito de gasóleo e no CEIP de Quiroga vanse cambiar zócalos nas aulas.

Instalarase unha varanda exterior e revisarase a instalación eléctrica no Centro Público Integrado (CPI) Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, e no CEIP Currelos do Saviñao reformaranse os baños e a zona administrativa e cambiaranse as ventás.

Así mesmo, realizaranse labores de mantemento do sistema eléctrico no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, no CEIP de Monforte de Lemos e, no mesmo municipio, no CEIP A Gándara e no Centro de Educación Especial Infanta Elena.

Está, ademais, en proxecto a ampliación das instalacións do Instituto de Educación Secundaria (IES) Val do Asma, de Chantada, ao que se destinan 200.000 euros.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...