HomesociedadeConcentración contra a violencia machista en Sober

Concentración contra a violencia machista en Sober

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou na maña deste lunes, na concentración convocada polo Concello de Sober contra a violencia machista e en lembranza de Estrella Domínguez Menéndez, natural deste concello, asasinada o pasado venres en Madrid, presentuamente pola súa parella que despois se suicidou.

Durante a concentración, o alcalde de Sober, Luis  Fernández Guitián, leu un comunicado de repulsa e gardouse un minuto de silencio. A subdelegada do Goberno sinalaba”estamos aquí, en Sober, compartindo a dor da familia e os veciños, para recordar a Estrella e condenar públicamente, con toda a enerxía, a violencia machista. Temos que acabar con esta lacra que nesta fin de semana terrible cústoulle a vida a tres mulleres, é algo intolerable nunha sociedade civilizada, non se poden consentir nin as mortes nin o medo, nin que haxa quen aínda pon en dúbida a existencia da violencia sobre as mulleres”.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...