HomeSucesosDesmantelada en Lugo unha rede de distribución de cocaína que operaba tamén...

Desmantelada en Lugo unha rede de distribución de cocaína que operaba tamén en Monforte

Mediante o entramado distribuíase droga en dous puntos na cidade de Lugo e outro en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa Saúde Pública, detiveron a catro homes, con idades de vinte e dous a trinta e sete anos, como autores dun delito de Tráfico de Drogas, contando todos con antecedentes polos mesmos feitos.

A investigación estaba comprobando a implicación dun vello coñecido no tráfico de drogas na cidade, xa que na zona onde residía incrementouse o movemento de persoas que son consumidoras de cocaína. Esta investigación desembocou, na detención este martes destes catro homes. Xa que unha vez establécese o dispositivo de vixilancia e control desta persoa, detéctase que un dos compradores ten, entre as súas pertenzas vinte e cinco doses de cocaína. Momentos despois ocorre o mesmo con outro dos visitantes do domicilio, sendo esta vez uns cincuenta gramos.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...