HomePolíticaO BNG de Pantón urxe a reapertura da Área Recreativa da Maiorga

O BNG de Pantón urxe a reapertura da Área Recreativa da Maiorga

"Supón unha oportunidade turística que non podemos desprezar, nin temos tempo que perder", sentenza a nacionalista Ana Rosa Prieto.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón vén de presentar unha moción para o seu debate en pleno na que insta a abrir de novo a Área Recreativa da Maiorga, que leva “pechada desde 2021”. Unha situación que, segundo denuncia a formación nacionalista, provoca a “depauperización das instalacións e a perda de fluxos de visitantes que xa tiña fidelizados a antiga concesión”.

“En Pantón debemos ser quen de ofrecer iniciativas turísticas asociadas ao territorio, manter e divulgar os camiños das ribeiras con horizontalidade e marcar a diferenza por integrar a poboación ribeirá na oferta turística, xa que aínda temos xente que habita a ribeira”, explica a concelleira e portavoz do grupo municipal, Ana Rosa Prieto.

Neste sentido, a casa do barqueiro, hoxe coñecida como Área Recreativa A Maiorga, na parroquia de Vilar de Ortelle, supón “unha oportunidade que non podemos desprezar, nin temos tempo que perder”, sentenza Prieto, que considera que é “de suma importancia” que se reabra á “maior brevidade posible”, dado que “serve de apoio ás diferentes iniciativas empresariais que se serven do Pantalán, e embarcacións públicas e privadas que navegan o río Miño”.

Por todo isto, o BNG propón que o Concello de Pantón proceda a adxudicar as instalacións da Maiorga antes do mes de xullo do 2022 e que actúe “con dilixencia e axustado á legalidade” para evitar conflitos que, din, “se repiten unha e outra vez”.

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...