HomeComarca de QuirogaQuirogaConcurso de decoración de Nadal dirixido á veciñanza de Quiroga

Concurso de decoración de Nadal dirixido á veciñanza de Quiroga

Trátase dun proxecto que impulsa a Concellería de Turismo do Concello de Quiroga e que premiará a creatividade da veciñanza á que se anima a decorar fachadas de vivendas, fiestras e corredores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellería de Turismo de Quiroga impulsa un proxecto no que por primeira vez unha boa parte dos espazos públicos da vila quiroguesa estarán decorados para ambientar as festas de Nadal.

O proxecto, baixo o título de “Soño de Nadal” contará ademais co concurso “Xuntos facemos un Nadal Máxico”, un concurso de decoración de Nadal dirixido a toda a veciñanza e coa intención, como matiza o concelleiro de Turismo, Vicente Parra, “de transformar Quiroga nun lugar máxico durante estas festas”.

CONVOCATORIA PARA DECORACIÓNS DOMÉSTICAS

O concurso terá dous apartados: por un lado decoracións de fachadas de vivendas (casas, edificios e pisos) e por outro decoracións de fiestras e corredores.

Os requisitos para participar son que a casa ou piso estea dentro do termo municipal de Quiroga e que a decoración permaneza a lo menos entre o 18 de decembro e o 7 de xaneiro. Dende o concello advirten que “a retirada da decoración antes desa data suporá a renuncia á participación no concurso”.

Por cada modalidade, na que deberán inscribirse máis de 4 participantes para que poida levarse a cabo o concurso, escolleranse un primeiro e un segundo premio, que recibirán como agasallo cestas de Nadal.

A xente interesada en participar neste concurso deberá inscribirse na oficina de Turismo, ben persoalmente ou ben a través do teléfono 982 43.51.25, entre o 1 e o 18 de decembro. Coa inscrición facilitaranse os seguintes datos: nome, teléfono e enderezo da casa coa que participa. O fallo do xurado e a entrega de premios farase o 28 de decembro na Casa do Concello.

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño Francés de Lugo a Monforte de Lemos (I)

A apertura da estrada (camiño de segunda orde) entre Nadela e Monforte, pasando pola vila...

O Concello de Monforte confirma varias subvencións a entidades locais tras a correcta xustificación das mesmas

O Concello de Monforte vén de informar da validación da xustificación de axudas concedidas...

O 4 de decembro ás 18:30 Monforte acende o alumeado de Nadal con 1,2 millóns de luces led

O acendido oficial será na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres 4...

Os orzamentos municipais do Incio para 2027 ascenden a 2.397.369€

As contas recollen unha partida de 201.000 euros para a pavimentación de accesos aos...