HomeCulturaA Deputación de Lugo pon en valor a artesanía

A Deputación de Lugo pon en valor a artesanía

Cun investimento duns 36.000 euros realizaranse este ano 33 cursos e 6 eventos para promover o sector artesanal da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno da Deputación, que sacou días atrás a convocatoria pública de axudas para a promoción da artesanía, pretende poñer en valor o sector e ao mesmo tempo dinamizar cultural e ludicamente os concellos.

25 municipios e 39 as asociacións da provincia serán beneficiadas con achegas económicas para promover demostracións en eventos e obradoiros para adquirir coñecementos sobre diferentes disciplinas artesanais. Esta iniciativa conta cun investimento de preto de 36.000 euros.

As axudas, para as asociacións que as soliciten, oscilan entre os 500 e os 1.000 euros, e os cursos acreedores das mesmas no sur de Lugo son os seguintes:

–Obradoiro de construción dunha pandeira no Concello do Incio. Actividade promovida pola ANPA Ricardo Gasset.

–Curso de cestería no Concello de Taboada promovido pola Asociación Cultural Santa Mariña de Cerdeda.

–Curso de cestería en Sober a través da AMMRR de Berea.

–Confección de mandil traxe tradicional no Concello de Monforte a cargo da A.C. Amigos da Pandeireta.

E no que respecta á organización de eventos de promoción da artesanía, no sur de Lugo beneficiaranse as seguintes asociación:

–A.C. Amigos do Folión de Chantada co seu obradoiro e posta en valor da tradición dos carros.

–A.C. Profesionais, Comerciantes e Artesáns de Samos coa Feira de produtos artesanais.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...