Os organizadores da “Quiroga Bike Marathon”, unha das probas de MTB de referencia no sur da provincia de Lugo, vén de anunciar que a terceira edición desenvolverase o 18 de setembro do 2027.
Trátase dunha carreira que combina deporte e natureza nun percorrido deseñado para gozar da mountain bike en estado puro, con desniveis de montaña, sendeiros e paisaxes espectaculares que se atopan no municipio quirogués.
A organización presenta xa a data, e de aquí a ese momento terá que ir deseñando o percorrido. Nas probas anteriores contábase con dúas distancias adaptadas a diferentes niveis de preparación e experiencia, a Bike Marathon con 45 quilómetros e a Bike Extreme con 65 quilómetros.
Os dous percorridos anteriores atravesaron “algúns dos carreiros e paisaxes máis representativas do Concello de Quiroga, incluíndo tramos técnicos, descensos e zonas rápidas que permitiron aos participantes desfrutar dunha experiencia completa de MTB”, comentan os organizadores.

