HomesociedadeA Oficina de Turismo de Monforte duplicou na Semana Santa o número...

A Oficina de Turismo de Monforte duplicou na Semana Santa o número de visitantes con respecto ao ano pasado

No período vacacional que coincide coa celebración da Feira Medieval pasaron pola Oficina de Turismo 1.107 persoas, un 55% máis que no pasado ano que foron 610 visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

A maior parte das visitas producíronse os días 18, 19 e 20, cunha media diaria de 200 persoas. O número de visitas ao Museo do Viño foi de 717 persoas, concentrándose a maior parte delas os días 17, 18 e 19.

A maior parte dos visitantes nacionais proceden de Madrid, Asturias e A Coruña. Doutros países, destacou a presencia de visitantes procedentes do Reino Unido, Portugal e América Latina. Como anécdota, comentar que neste periodo, 22 visitantes monfortinos tamén se achegaron ás oficinas de información turística.

Desde o Concello valórase moi positivamente este incremento no número de visitantes, que consideran resultado do interese que esperta a Ribeira Sacra e a monumental cidade de Monforte, sen esquecer a celebración da edición máis exitosa da Feira Medieval o 20 e 21 de abril, e na que se rexistrou a participación máis alta das 17 edicións celebradas.

 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...