HomePolíticaEspertaMonforte! denuncia o mal estado do acceso ao Mirador do Duque

EspertaMonforte! denuncia o mal estado do acceso ao Mirador do Duque

Segundo a formación política da oposición no Concello de Monforte, a estrada de acceso está nun estado de conservación pésimo dando mala imaxe de cara ao turismo.

Publicado o

- Advertisement -

O Miradoiro do Duque é o único miradoiro da Ribeira Sacra que pertence ao Concello de Monforte e resulta de gran interese turístico e relevancia para a economía da zona por estar nunha paraxe natural espectacular.

Sen embargo, segundo sinalan dende EspertaMonforte! “as condicións nas que se atopa a zona son deplorables” e comparado con outros miradoiros “como poden ser os que pertencen ó Concello de Sober, as diferenzas son abismais”, engaden.

Afirman tamén que a estrada totalmente desfeita por mor dos camións de gran tonelaxe que están a traballar na zona sacando madeira do monte e que o alcalde parece estar despreocupado aínda sabendo da gran afluencia que ten este punto turístico.

Abondando no anterior lembran que o problema do acceso ó miradoiro non é só para os turistas, senón para os veciños/as que viven na zona e transitan por esa estrada cada día.

No comunicado á prensa reprochan finalmente ao Alcalde, José Tomé, que sendo tan amigo de asfaltar, sobre todo no casco urbano, ben podía levar un pouco asfalto para arranxar a pista que leva ata o miradoiro ou ben lle comunique á administración competente cal é a situación para que tomen cartas no asunto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...