HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra e Caixabank asinan convenio de colaboración

A D.O. Ribeira Sacra e Caixabank asinan convenio de colaboración

O Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez e o Director de Área de Negocio de Caixabank na provincia de Lugo, Igor de las Heras, asinan un convenio de colaboración a través do cal viticultores e adegueiros, adheridos á D.O., beneficiaranse de servizos e produtos financeiros destinados a cubrir as necesidades do sector.

Publicado o

- Advertisement -

Esta nova relación financeira ofrece préstamos e outro tipo de produtos bancarios, adaptados ás necesidades de cada viticultor e do territorio. Igor de las Heras destaca que “A nosa intención é que este acordo sexa útil para o Consello Regulador. Nós achegamos a parte tecnolóxica coa tarxeta que ofrecemos e todos os servizos financeiros. Gústanos o sector e todo o relacionado co medio ambiente e a natureza.”

Pola súa banda José Manuel Rodríguez sinala que “Este convenio é resultado de querer colaborar cunha entidade que entendeu as nosas inquietudes. Hai servizos que solucionarán situacións dos viticultores. A tarxeta é unha ferramenta máis, adaptada aos tempos e con máis capacidade para controlar o viñedo.”

O convenio solucionará moitas situacións financeiras propias do sector, segundo afirmou o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, “Estamos no camiño de ir mellorando cada día, imos cara a unha Ribeira Sacra máis forte e máis recoñecida”.
page1image2357355776

O convenio de colaboración tamén abre a posibilidade a outro tipo de servizos como xornadas formativas, rentings, asesoramento en procesos de internacionalización,… todo enfocado ás particularidades do sector.

page1image2357401440

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...