HomeDeportesMonforte homenaxea aos seus mellores deportistas

Monforte homenaxea aos seus mellores deportistas

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolleu na tarde deste sábado, 4 de maio, unha nova edición da Gala do Deporte que serviu para homenaxear aos mellores deportistas monfortinos do ano.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado o salón de actos da Casa da Cultura de Monforte ateigouse de deportistas e familiares, para participar deste acto que arrincou coa homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2018. Os homenaxeados foron:

  • Club Lemos en recoñecemento polo ascenso de categoría na tempada 2018 – 2019 e pola xestión económica e deportiva da entidade.
  • Santiago Díaz Rodríguez, en recoñecemento pola súa labor como promotor do piragüismo en Monforte.
  • José Antonio Díaz Expósito, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador, xestor e directivo deportivo.
  • Mariano Rodríguez Cedrón, en recoñecemento pola súa traxectoria como directivo do Club Lemos e por asumir a presidencia do Club en momentos críticos para a entidade.
  • Pepe Mourelo, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador e promotor do deporte.
  • José Antonio Arias Parga, en recoñecemento pola súa traxectoria profesional como fotógrafo.

Pola súa banda as gañadoras e gañadores da Gala do Deporte 2019 de Monforte foron:

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO
GAÑADOR MODALIDADE DEPORTIVA
Jairo Salgueiro Montero Atletismo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA
GAÑADORA MODALIDADE DEPORTIVA
Sonsoles Martín Rodríguez Atletismo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA
GAÑADOR MODALIDADE DEPORTIVA
Alejandro Fernández Franjo Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA
GAÑADORA MODALIDADE DEPORTIVA
Laura Álvarez Suárez Taekwondo

 

 CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A
GAÑADOR MODALIDADE DEPORTIVA
José María Vega Sánchez Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A
GAÑADOR MODALIDADE DEPORTIVA
Luis Ángel López Rodríguez Tiro Olímpico

 

CATEGORÍA MELLOR CLUB
GAÑADOR MODALIDADE DEPORTIVA
Club Korbis Voleibol

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...