HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra prepárase para o Día Movemento Viño DO e...

A D.O. Ribeira Sacra prepárase para o Día Movemento Viño DO e este día 9 remataba a súa participación en Fenavin

A D.O. Ribeira Sacra pecha con éxito a participación en Fenavin e o sábado día 11 celebra o terceiro Día Movemento Viño D.O. nun catamarán polo río Sil.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado, 11 de maio, ás 13.30 h. terá lugar o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se celebra un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. A D.O. Ribeira Sacra darase cita nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administracións, prensa etc. O catamarán sairá pasadas as 13.00 h. do embarcadoiro de Santo Estevo para gozar das paisaxes e os viñedos da D.O. Para o brinde colectivo contarase con maridaxe e a música en directo de Ad Heyra Liti.

O Día Movemento Viño D.O.reivindica o viño con Denominación de Orixe e está especialmente dedicado aos mozos, para que se acheguen a descubrir o viño con D.O. nunha contorna de consumo. Nesta terceira edición servirá ademais, para reivindicar o papel que desempeñan as Denominacións de Orixe nas zonas rurais.

As redes sociais xogarán un papel importante durante este día. Aqueles usuarios que compartan as súas fotografías brindando ou gozando desta xornada co hashtag #BrindisMVDO entrarán no sorteo de packs de viño con D.O.  

A D.O. Ribeira Sacra en Fenavin

Fenavin, a feira de referencia do viño español que se celebra en Ciudad Real chegaba este xoves, día 9, ao seu remate con grande éxito para a D.O. Ribeira Sacra. Hoxe pola mañá.a técnica do Consello Regulador de la D.O. Ribeira Sacra, Ruth Fernández, ofrecía unha cata comentada no stand de Caixabank.

Nesta edición do certame participaron tamén as adegas da D.O. Ribeira Sacra: Adega Ponte da Boga S. L., Alma das Donas, Adegas Rectoral de Amandi S.A.U., Grupo Peago, Dominio do Bibei S. L., ReginaViarum S. L. e Ronsel do Sil S. L.

Do Túnel do Viño de Galicia que organizaba AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, con case 200 marcas comerciais das D.O. vitivinícolas galegas, participaron ademáis das adegas coexpositoras, Adega Cachín, Don Bernardino, Tolo do Xisto e Spanish Wines by Carlos Rodríguez.

Fai menos dun mes a D.O. Ribeira Sacra promocionábase en Gourmets e despois de acudir a Ciudad Real, a seguinte cita coa promoción internacional levaraa a Vinexpo Bordeaux do 13 ao 16 de maio.

ÚLTIMAS

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...