Homesociedade25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

Este mércores, ás 18:00 horas, na biblioteca do Centro Social, terá lugar un novo Faladoiro titulado «25 N, por que?». A proposta de actividade, organizada conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais e  a Concellería de Educación e Igualdade, enmárcase dentro das actividades para a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia Machista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Quiroga. O debate estará moderado por Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais e Participación Cidadá, e Mayte Perez Grao, concelleira de Educación e Igualdade.

Durante o coloquio abordarase o significado da violencia machista e analizásense as diferenzas entre este tipo de violencia e outras formas de violencia. Así mesmo, trataranse os xeitos nos que esta se pode amosar e desmontaranse falsas crenzas arredor deste tema.

A proposta busca tamén deseñar o noso papel como sociedade ante esta problemática que afecta a un gran número de mulleres e convida a reflexionar sobre a necesidade de días como o 25 de novembro.

O Faladoiro é un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Os Ministreles: “Nalgunha parroquia xa é o cuarto ano consecutivo que acudimos”.

“Somos un pequeno grupo de amigos unidos pola música tradi, porqué o noso único...

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...