HomeCulturaEste 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación programa 6 novas funcións en seis concellos –Vilalba, Friol, O Saviñao, Castroverde, Meira e Antas de Ulla– para semana do 23 ao 29 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase Divers@s de Bátega Teatro. Unha cita para público familiar destinada a nenas e nenos a partir dos 4 anos.

A peza conta a historia dun verme moi espilido pero sen nome, ao que un día lle medraron unhas fermosas ás de cores nas costas. Ese día descubríu que o seu nome era e sempre fora Bolboreta. Bolboreta botou a voar na procura do seu lugar no mundo. Así coñeceu á Cebra Carmela, a mellor das pallasas, mais ela non o sabía e soñaba con ser malabarista, á Leoa Leonarda que era vexetariana e tan tímida, que a súa veciñanza do zoo no que vivía non gostaba dela, a Paco o Macaco, o mellor intérprete de kazoo do mundo ou á gran saxofonista Amanda a Panda. Ninguén semellaba decatarse de que estes personaxes acabarían por convertirse en lendas.

ÚLTIMAS

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...

Os Ministreles: “Nalgunha parroquia xa é o cuarto ano consecutivo que acudimos”.

“Somos un pequeno grupo de amigos unidos pola música tradi, porqué o noso único...

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...