HomesociedadeO Concello da Pobra do Brollón pioneiro na investigación arqueolóxica da Ribeira...

O Concello da Pobra do Brollón pioneiro na investigación arqueolóxica da Ribeira Sacra

Este xoves ás 20.00 emítese un novo episodio da segunda tempada de Adegas da Memoria, centrada nos traballos arqueolóxicos nos Conventos, Val do Frade (Vilachá), no Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

En Vilachá (A Pobra do Brollón) un equipo multidisciplinar está a buscar un primitivo mosteiro que podería aportar información sobre as orixes da Ribeira Sacra. Este é un dos eixos da segunda tempada de Adegas da Memoria, iniciativa do Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá, co apoio do Inipit-CSIC.

Nesta segunda semana de escavación lánzase o segundo e penúltimo episodio da tempada. No vídeo, que se estreará este xoves 16 a partir das 20:00 h, os espectadores poderán ver as primeiras descubertas do equipo, entre as que se atopan pezas de cerámica moi útiles para a datación do xacemento. Segundo comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda, “poder datar Os Conventos e os pataos coloca á Pobra do Brollón como pioneira na investigación arqueolóxica da Ribeira Sacra”.

A estrea do episodio coincide coa derradeira conversa do I Ciclo de Vilacharlas que será ás 20:00 h na Adega Couso, Vilachá. Tras a proxección do episodio, un trío de arqueólogos formado por Xurxo Ayán, Candela Martínez e Manuel Antonio Franco ‘Muros’, falarán da súa experiencia nun proxecto arqueolóxico en Somalilandia. No evento, que será algo máis festivo para marcar o fin do ciclo, os asistentes tamén poderán ver en primeira persoa algúns dos obxectos atopados na escavación.

Como é habitual, o episodio tamén estará dispoñible no Facebook de Adegas da Memoria, na súa web (adegasdamemoria.com) e conta de Vimeo.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...