HomePolíticaSaneamento, viticultura, agricultura ecolóxica e turismo, liñas mestras da candidatura de Pantón

Saneamento, viticultura, agricultura ecolóxica e turismo, liñas mestras da candidatura de Pantón

José Luis Álvarez, rexedor dende o 2017, busca revalidar a alcaldía e fixa como compromiso principal do seu próximo mandato conseguir o saneamento completo de Pantón.

Publicado o

- Advertisement -

Ademais de comprometerse no remate do saneamento para todo o Concello de Pantón, José Luis Álvarez sitúa a aposta pola viticultura, a agricultura ecolóxica e o turismo como principais eixos de actuación no programa de goberno se renova a confianza de veciñas e veciños tras as eleccións do 26 de maio.

Destaca o candidato popular así mesmo que “tan só faltan rematar dúas traídas de auga en todo o municipio. De feito, unha xa está contratada e a outra témola a punto”, destaca.

Como proxectos a continuar fala do fomento da produción ecolóxica, sinalando que xa se ten impulsado dende a entidade local a plantación de 20 hectáreas de arandos e fresas, produtos de gran interese no mercado. E lembra tamén que o concello conta coa distinción de Interese Turístico Galego o que significa que a aposta polo turismo é clara e seguirán mellorando os elementos arquitectónicos “para facelo aínda máis atractivo” como se ten feito co mosteiro das Madres Bernardas.

En canto ao resto da candidatura, 3 son as caras novas e esta é a formación completa:

  1. José Luís Álvarez Blanco
  2. Tamara López Rodríguez
  3. José Vázquez Presas
  4. Manuel López Rodríguez
  5. María Cristina Domínguez Vázquez
  6. José Cesáreo Rodríguez Salgueiro
  7. Marta López Pérez
  8. Diego Pérez Camba
  9. Ana González Palacio
  10. David de la Fuente Rodríguez
  11. Marcos López Moure

Suplentes

  1. José Manuel Vilariño Rodríguez
  2. Antonio Sánchez Somoza
  3. César Rodríguez Pedrido
  4. José Ramón Losada Fernández

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...