HomePolíticaO Concello como axente do cambio social, segundo Agroma Sober

O Concello como axente do cambio social, segundo Agroma Sober

Agroma Sober dá a coñecer o seu programa electoral para "vivir con dignidade en Sober". Aseguran que cren en empregos dignos e vivir ben nas parroquias, "se o Concello se convirte nun axente do cambio social, poñendo todos os recursos ao servizo do benestar das persoas."

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os datos de Agroma Sober, no concello son 2.301 habitantes (2018), case un milleiro menos que hai 20 anos, o 44,3% con máis de 65 anos. 102 persoas en paro, 57 nenos e nenas matriculadas en 2018 na escola e só 635 persoas afiliadas á Seguridade Social, con 162 empresas, a maioría de menos de 2 persoas asalariadas. Segundo esta formación política é posible mudar as estatísticas e para elo é preciso actuar contra o abandono rural.

Agroma Sober presenta 140 medidas, que dín, apostan pola creación de empregos sostibles e a dinamización económica para o Concello. A nivel de Emprego propoñen elaboración dun Plan de Desenvolvemento Rural, colaboración dende o Concello para que as Comunidades de Montes en Man Común impulsen actividades produtivas a través da valorización do monte, Talleres e asesoramento sobre formas de economía cooperativa e de autoemprego; Posta a disposición de locais e maquinaria para permitir o envasado e venta de produtos locais á veciñanza de Sober e entre outras iniciativas, Fomento da iniciativa económica das mulleres.

No Apoio ao sector do Viño,  Promoción dun evento de mostra de viños a nivel profesional, Completar os accesos a viñedos atendendo ao ben común e respectando as normas e paisaxe da ribeira; Viñedo experimental dos Chancís,… En materia de Turismo, Reactivación da Comisión de Turismo para deseñar a estratexia turística local; Promoción de estudos e charlas para un turismo de contidos, que teña en conta os valores propios e que dan un valor engadido a Sober como destino turístico; Musealizar e facer visitable o chamado “museo etnográfico” ou Maior relación coa outra beira do Sil na promoción turística, Campaña de excavación dun sitio arqueolóxico, Recuperación dos muíños da Algueira a San Tomé, Plan específico de divulgación e conservación do conxunto de petróglifos de Sober….

No apartado de Benestar Social propoñen, entre outras iniciativas, Banco de Tempo e redes de solidariedade, Impulsar un Programa Municipal de Coidados ou Potenciación das actividades interxeneracionais e de recollida de memoria oral, con participación activa das persoas maiores.

Agroma Sober aposta pola Participación Cidadá na Vida Municipal, Iniciativas de Respecto polo Medio Ambiente, Soberanía Alimentaria e o Feminismo. Outras propostas teñen que ver co Lecer para a Terceira Idade con excursións culturais pola comarca de Lemos e as Infraestruturas como un Plan de saneamento e abastecemento de auga en todos os núcleos, o Arranxo das estradas que vertebran o Concello ou Eliminación das barreiras arquitectónicas. Ata completar as 140 medidas, abórdanse tamén inicitativas na Cultura, Deporte, Sanidade, Uso do Galego, Solidarieradade, Benestar animal ou Música.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...