HomePolíticaTurismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da...

Turismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da provincia

O cabeza de lista do PP ao Congreso, Francisco Conde, visitou esta semana Queserías Sarrianas acompañado por membros da candidatura e o polígono de Paradela onde se comprometeu co sector empresarial para "garantir a competitividade da provincia de Lugo". O PP tamén fixo parada do mosteiro das Bernardas en Pantón onde apostou por impulsar proxectos estratéxicos coma o Camiño de Inverno e o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita a Queserías Sarrianas, Francisco Conde, destacou a impacto desta empresa na fixación de poboación no rural e como exemplo de transformación, “un exemplo de como se pode dar valor ao propio territorio”. Apostou por dar prioridade ao sector primario, “con medidas relacionadas coas necesidades non só do sector lácteo, senón tamén da industria agroalimentaria. O Partido Popular propón declarar estratéxicas as cadeas agroalimentarias”.

Conde explicou algunhas medidas “orientadas a favorecer os ingresos dos gandeiros e tamén a ofrecer unha maior transparencia na Lei de cadea alimentaria para ter un maior coñecemento dos custes e das marxes e, polo tanto, favorecer que efectivamente toda a cadea poda participar dos beneficios da actividade”. Ao que engade medidas vinculadas cos investimentos e para simplificar os trámites burocráticos. Asegura que reducirán os custes enerxéticos coa eliminación do imposto do 7% á produción eléctrica e facilitando o acceso a redes.

Queserías Sarrianas visita Conde campaña 2026 / PP provincial

O candidato popular repasou as propostas para fixar poboación no rural, “a principal medida é a de establecer impostos cero para aqueles mozos e mozas que adquiran unha vivenda no rural e fortalecer a competitividade da industria agroalimentaria, do sector agrícola e gandeiro e, polo tanto, permitir que, cada vez, sexa máis rendible investir e vivir no rural”.

No Polígono Industrial de Paradela, Conde avanzou que “o proxecto de Alberto Núñez Feijóo comprométese a resolver en 18 meses os problemas que frean a conexión de proxectos industriais cun Plan de Choque, reducir cargas administrativas e medidas para atallar o absentismo inxustificado”.

No Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira, o candidato popular apostou por impulsar proxectos estratéxicos como o Camiño de Inverno ou o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO, “protexer a Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno significa tamén apostar polo noso rural, polo turismo sostible, pola actividade económica e, sobre todo, por crear oportunidades de futuro para as persoas que viven neste territorio.”

ÚLTIMAS

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...