HomePolíticaO PP do Saviñao encara o fin de campaña con varios proxectos

O PP do Saviñao encara o fin de campaña con varios proxectos

O candidato á alcaldía, Juan Carlos Armesto, está dando a coñecer aos veciños e veciñas o seu programa electoral coa intención de revalidar a maioría absoluta no concello. O venres 24 de maio terá o mitin de fin de campaña no auditorio de Escairón.

Publicado o

- Advertisement -

O candidato popular, Carlos Armesto, explica que “o noso proxecto recolle diversas actuacións en materia de infraestruturas como é o caso da construción da Casa da Xuventude, a nova residencia da terceira idade e centro de día, o novo centro médico, a reforma do pavillón municipal e a ampliación do polígono industrial; ademais da ampliación e mellora da cobertura de telefonía e Internet tendo en conta as necesidades no eido das novas tecnoloxías”.

En relación a outros proxectos para o concello a intención é mellorar as infraestruturas no rural: ampliar traídas e rede de sumidoiros, crear centros sociais nas parroquias, mellorar as vías municipais e accesos aos viñedos e tamén ordenar e impulsar o sector forestal.

En materia de emprego, os populares do  Saviñao recollen no seu programa a creación do I Plan de emprego municipal e o desenvolvemento de talleres de formación e obradoiros.

Tamén se inclúen algunhas baixadas de impostos, en relación á recollida de lixo e o servizo de vao, o reforzo dos servizos sociais e a atención polos mozos e mozas coa creación de Escolas Deportivas e a ampliación e mellora da piscina municipal. Para os máis pequenos e pequenas prometen ampliar os parques infantís e a creación dunha ludoteca con servizo de custodia. E como idea de cara a unha exaltación da viticultura no concello propoñen os populares a organización da primeira festa da vendima da Ribeira Sacra.

mitin fin de campaña

O candidato á alcaldía, Carlos Armesto, pechará a campaña electoral cun mitin que se celebrará o vindeiro venres 24 de maio a partir das 21:30 h. no auditorio de Escairón. Tamén intervirán o senador electo do Partido Popular pola provincia, José Manuel Barreiro, e o conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde.

Carlos Armesto ‘O Mina’. Fonte: PP provincial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...