HomeTerra de LemossanidadeExposición e charlas sobre saúde mental en Monforte

Exposición e charlas sobre saúde mental en Monforte

A Asociación Albores Saúde Mental, dentro do seu labor de divulgación e sensibilización, está movendo unha exposición fotográfica por diferentes centros escolares e impartindo charlas sobre o tema.

Publicado o

- Advertisement -

A II Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente trasladouse esta semana do IES Río Cabe ao Colexio Ferroviario onde permanecerá de cara ao público ata fin de curso. A exposición recolle as mellores fotografías do II Certame Fotoxénica-Mente -celebrado no 2018- e as imaxes están acompañadas de notas informativas sobre diversos aspectos da saúde mental.

Panel coa exposición fotográfica Fotoxénica-Mente no Colexio Ferroviario / XdL

O programa de accións de sensibilización planificadas para este 2019, ademais das exposicións itinerantes polas escolas, contempla un ciclo de charlas divulgativas para o estudantado.  Estas accións conxuntas teñen como obxectivos detectar precozmente os problemas de saúde mental, ofrecer información sobre a mesma e crear redes de solidariedade cara as persoas con enfermidade mental.

Varias profesionais de Albores Saúde Mental impartiron o día 22 de maio unha charla no IES Río Cabe e hoxe, día 23, farano no Colexio Ferroviario de 12:00 a 13:40 h. a alumnas/os de 4º de ESO.

Albores Saúde Mental ten como finalidade promover a saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como mellorar a súa calidade de vida, a das súas familias e a da súa comunidade de pertenza.

ÚLTIMAS

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...