HomePolítica400.000 euros da Xunta para concellos da zona sur de Lugo

400.000 euros da Xunta para concellos da zona sur de Lugo

As actuacións que se levarán a cabo están relacionadas co subministro de auga, adquisición de vehículos con equipamento para a protección do ambiente e o medio natural, recollida de lixo, limpeza viaria ou a recuperación de espazos públicos.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular da Zona Sur destaca que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de preto de 400.000 euros. Dez entidades locais son as perceptoras desta inxección económica, así como a Mancomunidade de municipios.

Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Monforte, Pobra do Brollón, Carballedo e Chantada executarán actuacións relacionadas co subministro de auga, adquisición de vehículos con equipamento para a protección do ambiente e o medio natural, recollida de lixo, limpeza viaria e recuperación de espazos públicos, entre outras.

Os candidatos do PP poñen en valor o que califican de esforzo inversor da Xunta e falan da importancia de que este domingo “os veciños apoien ao Partido Popular, xa que é a única formación que fai rendibles as administracións, xestionando e facendo útiles os fondos públicos”.

 

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...