HomesociedadeO Concello de Monforte limpa a lagoa do Parque dos Condes

O Concello de Monforte limpa a lagoa do Parque dos Condes

As tarefas de acondicionamente da lagoa está sendo levada a cabo polas brigadas municipais apoiadas pola empresa Excavaciones y Trasnportes Ayán S.L.

Publicado o

- Advertisement -

O luns día 3 de xuño pola mañá deron comezo os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes.

Primeiramente procédese ó baleirado da auga para logo poder extraer con maquinaria o logo que se foi depositando no seu fondo no inverno. Aproveitando esta actuación, tamén se vai cambiar a bomba do geyser que se atopa no medio da lagoa, posto que leva 2 meses avariado.

O custo destas obras ascenden a 6.138 euros posto que, en declaracións do Alcalde, “a lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade; co Parque dos Condes ó seu redor trátase dunha das zonas que atrae a un maior número de turistas e tamén un dos lugares máis visitados polos veciños da cidade. Por iso, consideramos que a limpeza e o mantemento da lagoa é unha tarefa imprescindible para poder dar boa imaxe e que esta sexa unha das nosas cartas de presentación”.

 

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...