HomeMedio ambiente e PatrimonioSan Vicente do Pino vístese para o Xacobeo 2021

San Vicente do Pino vístese para o Xacobeo 2021

O BOE publica este luns, 27 de maio, o anuncio de licitación de restauración interior do Mosteiro de San Vicente do Pino no municipio de Monforte de Lemos cun investimento de 807.900 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Ministerio de Cultura destina máis de 800.000 euros a esta restauración que recuperará as pinturas murais e a policromía da igrexa, afectadas pola humidade, o paso do tempo e a intervención humana. O proxecto do Ministerio de Cultura e Deporte propón unha intervención integral no interior da igrexa restaurando as pinturas murais do presbiterio, nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro.

O retablo maior, de estilo barroco, está realizado entre 1770-1780 e é atribuído a un monxe do mosteiro. Dedícase á figura de San Vicente e alberga unha gran pintura que representa o Martirio de San Vicente, obra de Bernardo da Pena en 1671.

Recuperaranse as pinturas murais que decoran o presbiterio e que foron realizadas na década de 1920 polo monxe pintor burgalés Lesmes López Pérez. Tamén se restaurarán as pinturas murais renacentistas do século XVII que foron descubertas baixo varias capas de cal na á norte do cruceiro durante as obras de restauración da igrexa entre 2010-201.

CONXUNTO ARTÍSTICO

O Mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos, atópase situado no alto dun cerro e comparte localización con outras edificacións mediavales, dominando o val do Cabe. Trátase dun mosteiro benedictivo de estilo renacentista construído no Século XVI.

En canto á súa protección, lembra a Delegación do Goberno, conta coa declaración de Ben de Interese Cultural desde o ano 1973. No seu interior, na actualidade, sitúanse as instalacións do Parador de Turismo, cuxas habitacións se atopan distribuídas en torno ao claustro do propio mosteiro.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...