HomeMedio ambiente e Patrimonio‘Montañas do Courel’ programa diversas actividades

‘Montañas do Courel’ programa diversas actividades

O novo Xeoparque Mundial da Unesco, conformado polos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, iniciou unha serie de actividades que terán continuidade ata o vindeiro 9 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Dentro dun ciclo que se presenta como “semana dos xeoparques europeos”, Montañas do Courel organiza dende o pasado 25 de maio varias actividades que se desenvolverán en diferentes lugares dos concellos amparados ata o 9 de xuño.

Mañá, xoves 30 de maio, haberá unha conferencia baixo o título “Que se agocha tralo Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel?” na Casa da Cultura de Quiroga ás 20:00 h. Os poñentes da mesma serán Martín Alemparte Vidal, Xerente do GDR Ribeira Sacra Courel e Coordinador do Xeoparque Montañas do Courel, e Ramón Vila Anca, encargado dos museos de Xeoloxía e Etnografía de Quiroga así como tamén Membro do Comité Científico do Xeoparque. Esta mesma charla tamén se realizará o martes 4 de xuño no Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil ás 20:00 h.

Sen saír de Quiroga, para o venres 31 na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia, “Tiempo y vida en la Era Paleozoica”, a cargo de Juan Carlos Gutiérrez Marco, Paleontólogo do Instituto de Geociencias do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e Membro do Comité Científico do Xeoparque Montañas do Courel. O acto será ás 20:00 h. e tras o mesmo, ás 21:30 haberá unha degustación de produtos da zona.

De cara ao sábado 1 e domingo 2 de xuño faranse dous roteiros con saída dende o Albergue Municipal de Quiroga. Un de interese xeolóxico ás 11:00 h. coa colaboración do Club de Montañeiros Celtas de Vigo e Club Montaña Formigueiros de Quiroga. Acompañará na camiñada o xeólogo Xosé Carlos Barros Lorenzo. E outro de interese etnográfico e literario con saída ás 9:00 h. Guiarán esta actividade a docente Natividad González Alonso e Ramón Vila Anca. Nesta mesma fin de semana haberá visitas guiadas por Ramón Vila ao Museo Xeolóxico de Quiroga, o sábado de 17:00 a 19:00 h. e o domingo de 14:00 a 15:00 h.

Para o luns 3 de xuño está programado o “Primeiro Encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel”, que consistirá nunha visita ao Miradoiro de Campodola-Lexazós ás 10:30 h. e un roteiro xeolóxico no corazón do pregamento deitado de Campodola e Leixazós das 11:00 ás 14:00 h.

Charla sobre xeoloxía en xornadas anteriores. Foto: I.M.

O venres 7 a actividade trasládase a Folgoso do Courel que acolle no Salón de Actos do local de Fondo de Vila unha conferencia ás 20:00 h. Técnicos Life Oso Courel falarán dun futuro con osos nas Montañas do Courel.

Como remate a estas intensas xornadas divulgativas, o sábado 8 de xuño, o Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil acolle unha conferencia baixo o título “A Minería Aurífera no Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel” ás 10:00 h. a cargo de Iván Álvarez Merayo, Arqueólogo e Membro do Comité Científico do Xeoparque. A continuación, ás 11:00 h., sairá desta ubicación un roteiro guiado polo propio Iván Merayo para coñecer o valor arqueolóxico da Mina do Covallón.

Para o domingo 9 de xuño, xa rematando as actividades do ciclo, está programado para as 10:00 h. o “Roteiro do Val do Río Pequeno”, con saída de Paderne do Courel e no que o guía será o biólogo Marcos Reinoso Domínguez; e para as 16:00 h. unha visita ao Centro de Interpretación das Covas de Meiraos en compañía de Ana Marta Arza, Técnica de turismo do Concello de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...