HomesociedadeEncontro de Xeopícaros Montañas do Courel.

Encontro de Xeopícaros Montañas do Courel.

200 rapaces participan este luns, día 3, no encontro de xeopícaros Montañas do Courel, actividade que forma parte da Semana dos Xeoparques Europeos, na que por primeira vez participa o Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel cun amplo programa de actividades dende o pasado 25 de maio ate o 9 de xuño.

Publicado o

A cita dos 200 xeopícaros desenvólvese esta mañá no miradoiro de Campodola-Leixazós. Unhas das liñas de actuación dos Xeoparques Mundial da UNESCO está no ámbito educativo. Educar e formar as xeracións futuras sobre os recursos cos que conta o territorio, ademais de servir de punto de encontro e convivencia de todos os escolares do territorio Montañas do Courel, son os obxectivos que se perseguen con este Encontro dos Xeopícaros..
 
Está previsto que cada ano se elixa un dos Lugares de Interese Xeolóxico que forman parte do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. Este ano, o emprazamento elixido é o Miradoiro de Campodola-Leixazós, xa que este lugar foi o inicio dunha longa viaxe de posta en valor do pratrimonio xeolóxico no territorio,  que culminou o pasado 11 de abril co recoñecemento da UNESCO como Xeoparque Mundial para as Montañas do Courel.
 
Ademais de facer unha fotografía para conmemorar o encontro, os mais de 200 escolares que asisten ao mesmo, reciben explicacións do Xeológo do Xeoparque, Xosé Carlos Barros Lorenzo sobre o Pregamento Tumbado do Sinclinal do Courel, e realizan un percorrido entre as aldeas de Campodola e Leixazós.
 
Máis información sobre o programa da Semana dos Xeoparques Europeos na páxina http://www.courelmountains.es
Cartel

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...