HomeSucesosSinistro grave con feridos, en Monforte

Sinistro grave con feridos, en Monforte

O accidente tivo lugar na Rúa Doutor Casares, onde un vehículo que entraba na cidade provocou unha colisión múltiple. Todo indica que o condutor causante sufriu algún problema de saúde que lle fixo perder o control do vehículo.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informaba o CIAE 112 Galicia, o accidente de tráfico tivo lugar o xoves 6 de xuño ás 18:00 h. cando un vehículo que entraba en Monforte perdeu o control do mesmo na rúa Doutor Casares, a poucos metros do cruce coa Rúa San Pedro e coa Ronda M. Emilia Casas Baamonde.

Todo indica que por mor dun desmaio do condutor, este perdeu o control provocando que o seu coche invadise o carril contrario enfuciñando contra outro que pasaba nese momento, saíndo a continuación rebotado contra unha furgoneta que había aparcada. O golpe foi tan forte que o furgón estacionado remontou a beirarrúa e causou danos a unha muller que pasaba nese momento.

Tanto condutor causante como a súa acompañante e o condutor do outro vehículo resultaron feridos; o máis grave, o primeiro que ademais tivo que ser rescatado do interior do vehículo polos bombeiros. Liberado este, foi trasladado cos outros feridos ao Hospital Comarcal de Monforte para recibir atención médica.

Segundo informaba onte pola noite un medio de comunicación local de prensa escrita, a acompañante do vehículo causante accionou o freo de man de forma reactiva ao ver como o condutor perdía o sentido e o control do auto. Esta espontánea acción puido minimizar as xa importantes consecuencias do sinistro.

ÚLTIMAS

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os...

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de Quiroga

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, o día 19 a partir...