HomeCulturaUnha mostra en Monforte lembra o poeta paradelense Manolo Rodríguez

Unha mostra en Monforte lembra o poeta paradelense Manolo Rodríguez

A Deputada de Cultura calificouno como "un dos máis grandes escritores galegos da segunda metade do século XX".

Publicado o

- Advertisement -

Este luns día 10 inaugurouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte a exposición “Manolo Rodríguez López, Emigrante Galego, Poeta Obreiro”. Esta mostra está adicada á vida e a obra do poeta de Paradela, fillo predilecto deste concello, e forma parte dun proxecto de difusión da figura de Manolo Rodríguez levado a cabo polo portal web Galicia Dixital e a familia do escritor.

O poeta Manolo Rodríguez naceu en Paradela no ano 1934 e finou en Lugo no 1990, pero a maior parte da súa vida viviuna como emigrado na cidade de Barcelona. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, estivo presente na inauguración e destacou que Rodríguez “é un dos máis grandes poetas galegos da segunda metade do século XX, sobre todo pola súa condición de poeta obreiro, e a súa importancia na identidade galega na emigración”.

Presentación da exposición na Casa da Cultura de Monforte. Foto: Prensa Concello

A exposición é itinerante e, desde que comezara o seu camiño en Paradela no ano 2013, xa recorreu máis de 16.000 quilómetros. A mostra sobre a vida de Manolo Rodríguez fixo unha parada en numerosas vilas e cidades galegas, así como nos Centros Galegos de Barcelona, León, Salamanca, Vitoria e Lisboa; nas Casas de Galicia de Madrid, Valladolid e Las Palmas de Gran Canaria; e nas Universidades do Minho, de Faro, de Cáceres, de Granada e de Bilbao.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...