HomeCulturaXa é posible inscribirse no VII Obradoiro de verán de música e...

Xa é posible inscribirse no VII Obradoiro de verán de música e baile de Monforte

As actividades terán lugar entre os días 19 e 23 de agosto no Conservatorio Municipal.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o luns día 10 xa é posible matricularse no VII Obradoiro de verán de música e baile do Concello de Monforte. Estas actividades terán lugar entre o 19 e o 23 de agosto no Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez e están dirixidas a persoas de todas as idades.

Os obradoiros abranguen tres ramas diferenciadas. A primeira, que se corresponde coa música, contará con obradoiros de práctica instrumental de especialidades como a guitarra, o violín, o piano, a gaita, a percusión moderna e a flauta. A segunda corresponderase cun obradoiro específico de música e movemento para rapaces de entre 5 e 9 anos. Por último, haberá unha parte adicada á danza para rapaces e mozos en xeral, que poderán escoller entre danza tradicional, danza moderna e ballet clásico.

Os interesados poderán inscribirse do 10 de xuño ao 5 de xullo na secretaría do Conservatorio Municipal ou do 1 ao 17 de agosto no edificio do concello. O prezo será de 25 euros e inclúe ata un máximo de tres obradoiros.

Cartaz do Obradoiro / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...