HomeMovementos sociaisChantada será a primeira parada do programa "Referentes galegas nas aulas"

Chantada será a primeira parada do programa “Referentes galegas nas aulas”

Este ciclo de charlas levará a mulleres referentes en diversos sectores ás aulas de ESO, Bacharelato e FP.

Publicado o

- Advertisement -

O próximo luns día 17 dará comezo o programa “Referentes galegas nas aulas” no instituto IES Lamas das Quendas de Chantada. Esta iniciativa ten como obxectivo que os alumnos de entre 15 e 18 da provincia de Lugo coñezan a mulleres referentes en distintos eidos profesionais, para darlle visibilidade entre os mozos ás mulleres profesionais da comunidade.

Esta primeira charla terá como protagonistas a Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e a Isabel Aguirre de Úrcola, directora da Escola de Paisaxe Juana de la Vega. En total, son 14 os institutos que participarán destes encontros organizados pola Diputación de Lugo en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia.

As poñentes deste programa explicaranlles aos alumnos a súa traxectoria profesional e interactuarán con eles ante calquera dúbida. Preténdese que sexa unha actividade transversal na que os mozos tamén traballen coas súas habilidades sociais e comunicativas e conseguir así unha experiencia educativa e formadora.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...