HomeCulturaA exposición fotográfica "Viña Sacra" pecha a súa xira en Monforte

A exposición fotográfica “Viña Sacra” pecha a súa xira en Monforte

A mostra vén de percorrer varios concellos da Ribeira Sacra: Chantada, Sober, Carballedo e Taboada.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres día 21 será inaugurada no Centro do Viño de Monforte a exposición “Viña Sacra”, organizada pola Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada. Trátase da última parada desta mostra, que recolle as 23 fotografías do II Concurso Christina Snellman de fotografía.

O obxectivo común destas instantáneas é capturar a viticultura e a elaboración do viño dende unha perspectiva cultural, paisaxística e etnográfica. Divídense en dúas categorías, unha xeral e outra escolar, e no concurso foron valoradas por un xurado integrado por tres chantadinos: o fotoxornalista Roi Fernández, o viticultor Primitivo Lareu e a mestra Sandra Sánchez.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Feira do Viño de Chantada, estivo na Feira do Viño de Amandi (Sober), en Carballedo e vén de rematar a súa estancia en Taboada. Dado que se poderá visitar ata o 14 de xullo, coincidirá en datas co Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra a principios de xullo. A presidenta da Asociación Amigos de Manuel Jorge, Mercedes Vázquez, sinalou que “comezar en Chantada e rematar en Monforte reforza a idea de que na Ribeira Sacra compartimos algo máis que un nome ou unha paisaxe, traballamos e creamos xuntos”.

ÚLTIMAS

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...

Turismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da provincia

Na visita a Queserías Sarrianas, Francisco Conde, destacou a impacto desta empresa na fixación...

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...