HomeDeportesCarolina Camino, do Ribeira Sacra, convocada pola Selección Sub-18

Carolina Camino, do Ribeira Sacra, convocada pola Selección Sub-18

A xogadora, que vén de facer un bo papel no Campionato de España co seu equipo, participará en Alemaña nun torneo coa Selección.

Publicado o

- Advertisement -

Carolina Camino, xogadora de volley nas filas do Ribeira Sacra, foi convocada pola Selección Española sub-18 para xogar o Torneo Wevza, celebrado na cidade alemana de Wiesbaden. Terá lugar entre os días 9 e 15 de xullo e as súas principais rivais serán as seleccións de Bélxica, Francia, Italia, Portugal, Suíza, Holanda e Alemaña. Carolina non estará soa, acompáñana dúas xogadoras galegas do Calasancias da Coruña: Marta Otero e Lucía Varela.

Camino, de tan só 15 anos, recibiu a noticia en Sant Cugat, onde se atopa concentrada coa Selección despois de xogar o Campionato de España en Almería co Ribeira Sacra. Sen dúbida, este foi un ano de éxitos para a xogadora, xa que vén de pasar toda a tempada na Concentración Permanente de soria. Este sábado incorporarase, en Quiroga, á Selección Galega Cadete para disputar o Campionato de España de Seleccións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...