HomeMedio ambiente e PatrimonioPatrimonio material e inmaterial do Camiño e dos concellos da Ribeira Sacra

Patrimonio material e inmaterial do Camiño e dos concellos da Ribeira Sacra

Esta fin de semana, Pantón presenta o II Anuario da Vía Jacobitana do Camiño de Inverno e organiza unha andaina relacionada co tema. En Chantada darase a coñecer o IV Tomo da revista Alicerces da man da Irmandade Cultural País do Faro.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Pantón, dentro das actividades das XXXII Xornadas da Rota do Románico, organiza dúas interesantes actividades. O sábado 22 de xuño ás 19:30 h. terá lugar no salón de actos do concello a presentación do II Anuario da Vía Jacobitana do Camiño de Inverno. Trátase dunha publicación con artigos sobre o patrimonio material e inmaterial do Camiño de Inverno ao seu paso polas comarcas do Bierzo, Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza.

Intervirán Aida Menéndez, Presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Manola Porto, xornalista de Onda Cero Monforte, e a historiadora do arte Flora Enríquez.

O domingo 23, e como complemento á conferencia do día anterior haberá un Roteiro polas parroquias dos Castillós. A saída realizarase ás 9:30 h. dende a Praza do Concello de Pantón no Castro de Ferreira, e ao remate haberá xantar opcional no Balneario Oca Augasantas a prezo de 12 euros.

O Camiño de Inverno atravesa Pantón por lugares da parroquia de San Vicente de Castillón: O Reguengo, San Lourenzo, Castrotañe, O Piñeiro, Outeiriño, Remesar e Viris. Lugares onde se mestura a arquitectura popular con outras construción como o Pazo do Reguengo, que data do século XV. Ademais de visitar estes lugares referidos, os camiñantes tamén poderán gozar da visita ás Igrexas de Santiago e de San Vicente.

O nome “dos Castillós” relaciónase cos castella ou castelóns, antigas fortalezas. No límite das parroquias de Santiago e de San Vicente hai un cruceiro do século XVII, considerado como o máis antigo da provincia.

E cambiando de concello, o sábado 22 de xuño terá lugar en Chantada a presentación do Tomo IV de “Alicerces, revista de estudos sobre o Miño medio”. Organiza o acto a Irmandade Cultural País do Faro, entidade que edita a devandita publicación, e o lugar escollido para a ocasión será o Círculo Recreativo Cultural de Chantada a partir das 20:15 horas.

Alicerces contén estudos e artigos de investigación relativos a concellos da Ribeira Sacra bañados polo río Miño: Carballedo, Chantada, Pantón, O Saviñao e Taboada.

Cartel da presentación do Tomo IV da Revista Alicerces

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...