HomePolíticaTomé xa fala en clave de 'Presidente'

Tomé xa fala en clave de ‘Presidente’

Despois de coñecer que a comisión federal de listas do Partido Socialista dera luz verde ao rexedor para que sexa o aspirante a presidir a Deputación, o alcalde de Monforte de Lemos xa fala da súa intención "de dar unha imaxe seria e correcta" á Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Darío Campos é o presidente en funcións do Executivo Provincial e candidato á reelección pero José Tomé Roca saca xa músculo despois de coñecer que o Partido Socialista lle dera luz verde para ser o aspirante a presidir a Deputación de Lugo.

Onte venres, Tomé xa se aventuraba, supoñemos coa confianza de que está todo xa decidido, a facer planes de futuro. Amosouse disposto, entre outras cousas,  “a abrir unha nova etapa na Deputación, contando co bo equipo conformado polos socialistas”, e chegando a acordos co BNG, para constituír “un goberno de progreso”.

A información completa no medio dixital Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...

Este 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte, maxia para público familiar na programación do 25-N

Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello...