HomeDeportesO Lemos perde a final da Copa Deputación ante o CD Ribadeo

O Lemos perde a final da Copa Deputación ante o CD Ribadeo

O encontro finalizou nunha emocionante tanda de penaltis da que saíu vencedor o conxunto ribadense.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo 23 de xuño celebrouse a final da Copa Deputación de Fútbol 2019 da categoría Preferente/1ª Autonómica. Neste partido enfrontáronse o CD Lemos e o CD Ribadeo, e saíu vencedor este último.

O campo da Medela, en Taboada, foi testigo dun partido bronco e non falto de polémica, onde ambos equipos tiveron os seus momentos. Na primeira parte, o Lemos dominou o encontro pero, con todo, non pasou do 1 – 0. Durante a segunda metade, o gol de Ivo puxo o empate no marcador para os de Ribadeo e o equipo monfortino perdeu o control do partido. Poratti puxo o 1 – 2 no marcador de cabeza, un resultado que xa parecía definitivo ata que Borja Castro anotou un auténtico golazo pola escuadra. O 2 – 2 final que tivo que resolverse nunha emocionante tanda de penaltis. Finalemente, os de Ribadeo alzáronse co triunfo despois de anotar 5 penaltis fronte aos 4 do Lemos.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou na entrega de trofeos e destacou “a importancia que ten a Copa Deputación á hora de crear sinerxias entre os equipos da provincia, unha competición que vai máis alá do fútbol”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...