HomePolíticaO alcalde de Sarria pide a reconversión do corredor Lugo - Monforte...

O alcalde de Sarria pide a reconversión do corredor Lugo – Monforte en autovía

Claudio Garrido denunciou a alta siniestralidade da CG-2.2, que acumula "graves deficiencias de seguridade".

Publicado o

- Advertisement -

Despois do último accidente mortal producido na estrada CG-2.2, que une Lugo e Monforte de Lemos, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, pediu convertir esta vía nunha autovía para mellorar a súa seguridade.

Segundo denunciou o rexidor, a CG-2.2 acumula unha “elevada siniestralidade”, e o home de 48 anos residente en Sarria que faleceu este pasado 24 de xuño á altura do Oural é a última vítima dunha estrada “con graves deficiencias de seguridade”.

Garrido subliñou que este asunto “está por enriba doutras cuestións de carácter económico”, porque neste punto xa se trata dun problema de “seguridade cidadá”. Ademais, insistiu en que na súa anterior etapa como alcalde xa pedira de forma reiterada esta obra.

“Agora, con moito retraso, estase  a traballar no desdobramento do tramo Nadela-Sarria“, engadiu, aínda que ao seu xuízo toda esa vía debería ser transformada en autovía porque “hai unha realidade que tristemente desborda calquera previsión”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...