HomePolíticaPor Chantada critica as subas nas dietas propostas polo Goberno de Manuel...

Por Chantada critica as subas nas dietas propostas polo Goberno de Manuel Varela

O rexedor chantadino levará ao Pleno importantes subas nas dietas, algunhas de máis do dobre do que estaba fixado.

Publicado o

- Advertisement -

O partido Por Chantada-CUP vén de criticar algunhas das propostas do Goberno de Manuel Lorenzo varela para a sesión organizativa do Pleno chantadino, que terá lugar o próximo día 2 de xullo ás 9:30. Esta formación denuncia que o Executivo Popular de Chantada ten a pretensión de subir a cuantía das dietas que perciben os membros do Pleno.

Deste xeito, Manuel Lorenzo proporá unha suba das dietas por asistencia a pleno, que pasarían de 90 euros a 150. No caso das comisións informativas esta suba iría dos 60 euros actuais a 100. O rexedor chantadino tamén levará ao Pleno o aumento das dietas das Xuntas de Goberno Local (que reciben dúas veces ó mes máis extraordinarias), que ata o momento eran de 90 euros e, se se aproba a proposta dos Populares, poderían pasar a ser 250.

Doutra banda, Por Chantada expresou a súa disconformidade coa dedicación exclusiva de que desfrutará un dos concelleiros populares. “Non entendemos como unha dedicación por 30 horas semanais e cun montante bruto de 26.600€ nin vai asociada a funcións concretas nin recae sobre un tenente de alcalde”, sinalaron os voceiros da formación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...